Recursos audiovisuais
A día de hoxe, moita información que recibimos provén de todo tipo de recursos audiovisuais, posto que, ó meu parecer, é a maneira máis efectiva para captar a atención das persoas e que poidan recordar esta información de forma máis eficaz. Dicir que, na última clase dada, presentáronsenos unha serie de recursos audiovisuais que serán de gran axuda cara ó noso futuro nas aulas. Estes serían algún como Educaplay, stopmotion, atube – cátcher, storytelling en educación, toontastic e incluso ferramentas online e xeradores para crear vídeos animados, debuxos e cómics. Todos estes recursos teñen en común a súa fácil accesibilidade e o seu fácil uso á hora de crear o material interactivo e, como dixen anteriormente, poden ser de gran utilidade para todo tipo de usuarios/as que estean interesados neles.