Diversidade de recursos

Abarcando o tema da última entrada realizada, as TIC como recurso educativo, a continuación falarase sobre as últimas propostas de páxinas web, ferramentas e incluso xogos propostos para realizar un análise dos recursos existentes e deste xeito favorecer a creación e deseño da nosa propia páxina web.
Entre estes recursos atopámonos varios, dende como aprender a buscar en Google de maneira axeitada, pasando por revistas educativas, actividades on-line, xogos e blogs educativos.
Sorprendeume non só a cantidade de material educativo senón tamén a calidade destes. Con calidade refírome ó visualmente atractivas que son todas as webs e actividades e os contenidos que albergan, sempre correctos e maioritariamente inclusivos, atendendo en parte a determinadas necesidades que puidese ter o alumnado e empregando sempre unha linguaxe igualitaria.
Deste material, o que máis me chamou a atención foron tres actividades on-line de aprendizaxe ou repaso do temario de tres asignaturas do terceiro ciclo de educación primaria: coñecemento, matemáticas e lengua castellana. Nelas pódese observar como están perfectamente adecuadas aos contidos correspondentes con este ciclo, facilitando o temario, diferentes actividades e xogos para reforzalo e finalmente, actividades de repaso dos temas. Destacar tamén o impacto visual que teñen, xa que os seus deseños axéitanse perfectamente a todo tipo de público, non só aos nenos e nenas, á vez que, como citei anteriormente, sempre obsérvase unha linguaxe e elementos inclusivos.

Comentarios

Entradas populares de este blog

O inicio do noso rinconciño

Que non pare a busqueda nas redes!!!!!!