Episodio III. O noso rinconciño.

Moi boas, o meu nome é Lara Arcos Bueno e veño da cidade das "luces". Non, non son parisina senón viguesa. Actualmente son integradora social, teño 21 anos e estou a cursar o primeiro ano do grao en Educación Primaria, en Ourense. Este blog creouse para levar a cabo o traballo da materia "Novas Tecnoloxías" e o realizarei con dous compañeiros máis: Valentín e Ramiro.
Entre os diversos temas escollimos atención á diversidade; máis concretamente, o TEA (Trastorno do Espectro Autista). Con el e como futuros e futura docentes, indagaremos en toda a información posible sobre este trastorno, a súa prevalencia na poboación e nas aulas, os apoios que precisarán na súa vida diaria e as adaptacións que tómanse nas aulas para este alumnado, entre outras.
Esperamos ser de axuda, divertídevos!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Alumnos con tea na aula, oh!! Que problema !!!!!

Pesquisando polas redesss....