A importancia dos recursos audiovisuais

Estamos nunha época no que os recursos audiovisuais gozan de moita importancia ademáis de ser de fácil acceso. Dentro da rede podemos atopar infinidade deles que, como docentes, podemos aplicalos os nosos alumnos indiferentemente do curso no que se atope.

Na última clase, o noso grupo dedicouse a explorar os distintos recursos audiovisuais que existentes na rede. Entre os máis destacados podemos falar de Educaplay, que pode ser de gran utilidade xa que nos vai permitir crear diferentes tipos de actividade e a súa posterior inclusión dentro dun vídeo. Outra das aplicacións que tamén encontramos, a pesar de que xa era coñecida debido a que a uso con asiduidade, é Movie Maker que nos permite xuntar diferentes vídeos para poder elaborar una película. Dentro das recursos que máis nos sorprenderon estaban Make Beliefs comic e GenMagic que permiten a elaboración de cómics que facilitan o aprendizaxe dos rapaces xa que utilizan uns recursos que son do seu agrado. Para unha boa utilización dos recursos nomeados, axudarémonos de vídeos tutoriais que nos ensinan o funcionamento e que nos serán de gran utilidade os docentes no primeiro lugar e a continuación os alumnos para entender as explicacións e ser capaces de facelo por si mesmos.

Como dixemos anteriormente, éstes son os recursos que dentro das nosas aulas máis empregaríamos xa que pensamos que axudarían a fomentar a motivación dos nenos e levar a cabo un aprendizaxe máis divertido e eficiente.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Diversidade de recursos

O inicio do noso rinconciño

Que non pare a busqueda nas redes!!!!!!