Recursos audiovisuais

A día de hoxe, moita información que recibimos provén de todo tipo de recursos audiovisuais, posto que, ó meu parecer, é a maneira máis efectiva para captar a atención das persoas e que poidan recordar esta información de forma máis eficaz. 

Dicir que, na última clase dada, presentáronsenos unha serie de recursos audiovisuais que serán de gran axuda cara ó noso futuro nas aulas. Estes serían algún como Educaplay, stopmotion, atube – cátcher, storytelling en educación, toontastic e incluso ferramentas online e xeradores para crear vídeos animados, debuxos e cómics.


Todos estes recursos teñen en común a súa fácil accesibilidade e o seu fácil uso á hora de crear o material interactivo e, como dixen anteriormente, poden ser de gran utilidade para todo tipo de usuarios/as que estean interesados neles. 



Comentarios

Entradas populares de este blog

Alumnos con tea na aula, oh!! Que problema !!!!!

Pesquisando polas redesss....

Episodio III. O noso rinconciño.