Último día de recursos!!

Por fin chegou este último día de elaboración de recursos, un proceso de creación interesante e novedoso para nos, xa que nunca fixemos actividades multimedias.
Como futuros docentes está claro que a utilidade disto é increible, estou seguro que nun futuro non moi lonxe utilizaremos estos medios para as clases maxistrais.
Os recursos realizados, non varían con respecto a semana anterior, os tiña feito en bocetos e nesta ocasión, xa quedaron feitos e acabados.
Por último vouvos a presentar unha aplicación máis, con esta estivimos traballando ao longo de todo o ano en diversas ocasións: educaplay.
Para min, é posiblemente a aplicación coa que mellor me entendín, antes non coñecía todas as cousas que se poden facer, e sinceramente fascinoume, fixen con ela, unha ruleta de palabras imitando ao peculiar programa de televisión: Pasapalabra, nesta actividade creada, presentanse moitos términos relacionados co Tea, esta destinado especialmente a alumnos de 5 e 6 de primaria.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Diversidade de recursos

O inicio do noso rinconciño

Que non pare a busqueda nas redes!!!!!!