Adentrándonos nas TIC
Na última clase da asignatura de novas tecnoloxías, propuxémonos mirar diferentes páxinas web (que nos foran propostas pola nosa profesora) e así observar os diferentes modelos de blogs, dende revistas dixitais ata webs con numerosos xogos para favorecer o aprendizaxe dos nenos e das nenas.
Tamén, destacar que todas estas webs eran maioritariamente visuais, é dicir, que a maioría delas estaban cheas de cores, debuxos e obxectos, widgets e gadgets que chamaban a atención do ou da visitante. Ademais, moitas delas contiñan información moi útil para o noso proxecto.
Grazas a isto, démonos de conta que as TIC teñen cada vez máis peso na nosa vida cotiá e en canto á docencia, que o concepto de educación e aprendizaxe van ligados directamente tamén coas TIC. Polo tanto, que este proxecto de creación dunha plataforma dixital con temas relacionados coa ensinanza e os coñecementos adquiridos ao facela nos serán moi útiles de cara ao noso futuro como profesores e profesoras.

Comentarios
Publicar un comentario