última entrada do curso

Non sabemos moi ben se chorar de tristeza ou de alegría, pero a realidade é que o curso académico 2018/2019 remata. Un curso onde, ó principio, houbo nervios, incertidume por non coñecer a ninguén ou case ninguén... Pero a medida que avanzaba o curso fomos dándonos de conta da sorte que poderán ter os pequenos e pequenas a partir do curso 2021/2022, xa que os centros educativos estarán cheos de docentes que traballarán con ilusión, afouteza, entrega e sobre todo corazón.

Poñemos fin a unha asignatura básica e imprescindible na nosa formación; sen esta asignatura non lograríamos ser os e as docentes totalmente formados/as que deben ter os nenos e nenas.

O proxecto traballado é, sen dúbida, motivador e necesario de coñecer en profundidade para o noso futuro. Esperamos poder aportar un graniño de area a toda a comunidade educativa con algunha actividade elaborada que se atopara neste blog, que se poderá consultar xa fóra do curso escolar.
As mellores actividades, ou, polo menos, as que máis nos gustaron foron seguramente a webquest e facer un vídeo en lingua de signos, moi útil para tratar con alumnos/as con Trastorno do Espectro Autista. A actividade que non nos agradou facer demasiado foi o póster, pareceunos un tanto complicado, pero quizáis foi así porque aínda estabamos comezando e estabamos un chisco despistadas.

En definitiva, foi un pracer conseguir aportar, aunque sexa un mínimo, á comunidade educativa; na elaboración deste blog conseguimos ser moi felices.

Ata outra e vémonos nas aulas!!!!                                                                 Lara, Valentín e Ramiro.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Diversidade de recursos

O inicio do noso rinconciño

Que non pare a busqueda nas redes!!!!!!