Chegou o final

A medida que pasaban as primeiras prácticas, as nosas dudan ían en aumento xa que non entendíamos que era o que nos pedían. Ademáis, tamén tivemos dúbidas de cal sería o tema que elexiríamos para o nosotro proxecto pero unha vez que collimos ritmo, todo foi sobre rodas.

Eleximos a web de recursos dixitais xa que pensábamos que sería más doado de entender para as persoas que a visitaran. As facilidades que encontramos para facer isto, estaban en que podían usala todos os públicos, era de fácil acceso e, sobre todo, permitíanos una facil estructuración para ser capaces de explicar todos os apartados do TEA cunha maior claridade.

Cos meus compañeiros o traballo resultou moi sinxelo. Antes de empezar a traballar, dividiuse o traballo en parte e cada un de nós a fixo sen ningún tipo de problema. Cando a coordinación é boa, ó final adoita sair un bo traballo e nós pensamos que o noso, dentro do que cabe, estivo bastante correcto.

O que traballamos foi o que logo reflexouse na presentación. Tiñamos claro que a presentación non sería o noso forte xa que ademáis de non estar moi acostumados a expoñer, ter que facela en galego era un punto negativo para nós pero aínda así, penso que a defendimos con bastante soltura e, a pesares de que puido sair moito mellor, non debemos estar disconformes co traballo feito.

Traballo dos nosos compañeiros:

ABBA: Notábase que o tiñan moi preparado, fixeron unha exposición moi atractiva para os que a estábamos vendo.
TOP: Elaboraron un bo traballo, estructurándose moi correctamente a pesar de ser o grupo con máis persoas.
MVM: Centráronse nun tema con gran auxe na actualidade e conseguiron sacar moita información para facer una exposición máis que correcta.
PERIPATÉTICOS: Orientados en 'Merlí', foi unha das mellores exposicións. Se temos que por un pero, sería cuns integrantes tiveros máis peso ca outros.
MCPOLLO: Xa falei anteriormente da nosa exposición, tivemos as nosas dificultades con algúns aspectos pero no cómputo xeral estamos bastante satisfeitos.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Diversidade de recursos

O inicio do noso rinconciño

Que non pare a busqueda nas redes!!!!!!