última entrada do curso
Non sabemos moi ben se chorar de tristeza ou de alegría, pero a realidade é que o curso académico 2018/2019 remata. Un curso onde, ó principio, houbo nervios, incertidume por non coñecer a ninguén ou case ninguén... Pero a medida que avanzaba o curso fomos dándonos de conta da sorte que poderán ter os pequenos e pequenas a partir do curso 2021/2022, xa que os centros educativos estarán cheos de docentes que traballarán con ilusión, afouteza, entrega e sobre todo corazón. Poñemos fin a unha asignatura básica e imprescindible na nosa formación; sen esta asignatura non lograríamos ser os e as docentes totalmente formados/as que deben ter os nenos e nenas. O proxecto traballado é, sen dúbida, motivador e necesario de coñecer en profundidade para o noso futuro. Esperamos poder aportar un graniño de area a toda a comunidade educativa con algunha actividade elaborada que se atopara neste blog, que se poderá consultar xa fóra do curso escolar. As mellores actividades, ou, polo menos, as q