Entradas

Mostrando entradas de abril, 2019

Os meus recursos!

Imagen
Kahoot: En primeiro lugar, temos este xogo de preguntas e respostas totalmente relacionado co TEA. Trátase de 10 preguntas cos alumnos terán que contestar no menor tempo posible, sendo o gañador o que máis puntos teña o final das cuestións. Crucigrama: Como segundo recurso atopamos este pasatempo tan apreciado polos nenos. Trátase de 7 termos diferentes relacionados co TEA que os alumnos terán que intentar resolver. Completar a frase: Este recurso trata dun conxunto de definicións cos alumnos terán que relacionar cos termos que teñen a súa dereita co obxetivo de acadar a definición completa. Bingo: Como último recurso, temos diferentes cartóns de bingo con termos relacionados co TEA. O xogo vai consistir nun bingo tradicional pero cambiando os números por palabras. Aquel alumno que poda tachar todas as palabras do seu cartón, será o gañador.

Derradeiro día de recursos

Chegamos ó último día na creación dos nosos recursos dixitais. Despóis de dubidar entre infinidade deles, decateime por aqueles que na miña opinión máis entreterían os nosos rapaces. Ademáis de entreter, tamén temos que buscar o principal obxetivo que vai a ser o aprendizaxe. Na búsqueda do aprendizaxe, pensei que os recursos máis apropiados serían tanto un crucigrama con diferentes termos sobre o TEA. Por outro lado, temos un xogo de completar as distintas frases, así como uns cartóns de bingo para aprender a través deste xogo de mesa. Por último, considerei apropiado a creación dun Kahoot, con preguntas relacionadas con dito tema.

Presentación dos meus recursos

Imagen
Como ben dixen no anterior post, nesta entrada mostraranse os meus catro recursos educativos cunha breve explicación de cada un deles. 1. HotPotatoes: este é un programa destinado a cración de xogos, o cal empreguei para realizar unha actividade que consta de unir os verbos que se amosan na esquerda co seu correspondente pictograma, que aparece no lao dereito. Isto deberá facerse no tempo establecido, 1 minuto. 2. Prezi:  o Prezi é un recurso online e, neste caso, gratuito, para a creación de todo tipo de presentacións (similar ó PowerPoint). Deste xeito, empregueino para facer unha presentación que ten como tema principal o TEA, para que os nosos alumnos e alumnas podan ter unha visión máis clara sobre este trastorno. 3. Xeroglíficos:  este recurso consiste nun arquivo pdf (para imprimir) no cal aparecen diferentes palabras relacionadas co TEA agochadas nos debuxos que aparecen. 4. Dado:  este recurso, ó igual que o anterior, consiste nun

Último día de recursos

Como xa comentara nas anteriores entradas, a creación dos recursos non foi sinxelo, xa que ó presentársenos tantos, escoller non era tarea doada. Ó final, eu decanteime por un xogo chamado HotPotatoes, unha presentación a través de Prezi, unhas adiviñas mediante xeroglíficos e, por último, un dado con imaxes e palabras. Todos estes recursos serán presentados na seguinte entrada e intentarei explicalos o mellor posible.

Continuando ca creación dos recursos dixitais

Como recalcaba na entrada anterior, non tiña moi claro qué recursos crear pero sí o tema e o que quería transmitir con él. A día de hoxe (e como xa está subido na plataforma Faitic) o meu primeiro recurso consta do coñecido xogo da patata quente pero adaptado ó TEA. Este xogo consiste en unir os pictogramas propostos coas palabras correctas: por exemplo, unir o pictograma de mazá (co debuxo da fruta) coa propia palabra "mazá". Deste xeito, o noso alumnado poderá adentrarse no mundo dos pictogramas, ferramenta esencial para a comunicación da maioría das persoas con TEA e, senón é para "substituír a fala", servirá tamén como apoio para facilitar a comuniación cos e cas demáis.  Na próxima entrada intentarei ter os recursos restantes rematados e así poder explicalos :)

Os recursos!!!!!!

Imagen
Os catro recursos feitos son: 1.Ruleta de palabras: Mediante Educaplay, fixen esta ruleta con palabras relacionadas co autismo, onde a finalidade é dar a coñecer o autismo dunha forma lúdica aos alumnos/as de 5 ou 6 de primaria. 2.Mapa conceptual.A aplicación utilizada foi Mindomo. Feito coa intención de repasar e dar a coñecer dunha forma sencilla o Tea aos alumnos de 6 de primaria. 3.Linea do tempo.A aplicación utilizada foi timeline. A finalidade é dar a coñecer a evolución do autismo aos alumnos/as sobre todo de 5 e 6 de primaria 4.Sopa de letras. Feito coa finalidade de reforzar os coñecemntos básicos sobre o autismo

Último día de recursos!!

Por fin chegou este último día de elaboración de recursos, un proceso de creación interesante e novedoso para nos, xa que nunca fixemos actividades multimedias. Como futuros docentes está claro que a utilidade disto é increible, estou seguro que nun futuro non moi lonxe utilizaremos estos medios para as clases maxistrais. Os recursos realizados, non varían con respecto a semana anterior, os tiña feito en bocetos e nesta ocasión, xa quedaron feitos e acabados. Por último vouvos a presentar unha aplicación máis, con esta estivimos traballando ao longo de todo o ano en diversas ocasións: educaplay . Para min, é posiblemente a aplicación coa que mellor me entendín, antes non coñecía todas as cousas que se poden facer, e sinceramente fascinoume, fixen con ela, unha ruleta de palabras imitando ao peculiar programa de televisión: Pasapalabra, nesta actividade creada, presentanse moitos términos relacionados co Tea, esta destinado especialmente a alumnos de 5 e 6 de primaria.

Sumamos días de recursos

Como xa mencionei na anterior entrada, dous dos recursos fixos eran una relación de conceptos que lles pode axudar os alumnos a adquirir información sobre o tema dunha maneira máis lúdica e por outro lado, a creación de elementos dos xogos de mesa que tamén poderían facer eles sendo unha forma novidosa e divertida de aprender. Por outro lado, penso co último recurso non ten que centrarse tanto no tema dos xogos e. sendo igualmente atractivo para os nenos, temos que introducir máis información que pensamos que a larga pode ser importante para eles/as. Un exemplo disto é o mapa conceptual que fixo o meu compañeiro, existiendo outras alternativas diferentes pero igual de válidas.

Os primeiros recursos

Dentro dos distintos traballos que temos que facer para a materia de Novas Tecnoloxías, nestas clases prácticas temos o cometido de realizar distintos recursos dixitais por cada compoñente do grupo. Entre todos os diferentes exemplos que visualizamos, intentamos cos recursos do noso grupo sexan distintos entre eles e o mesmo tempo novidosos con respeto o resto dos compañeiros. Pola miña parte, voume centrar na unión e relación de conceptos e por outro lado, facer cartóns de bingo así como de outros xogos de mesa con diseños relacionados co TEA que é o noso principal tema de traballo. O recurso restante, sigue en dúbida xa que non é fácil decantarse por algún con tanta cantidade de alternativas diferentes.

Día internacional del autismo

Imagen
2/04/19 non se pode deixar pasar esta data sen mencionar que onte foi o día internacional do autismo, este día creouse para darlle valor e a importancia que merece ao feito da necesidade de contribuir todos/as a mellorar a vida destas persoas. Temos que entender y axudar nos problemas diarios destas persoas, dificultades emocionais, socio-culturais, de conduta... Imprescindible ver o seguinte video: Preme aquí (Sacada de google)

Segundo día de recursos

A día de hoxe, teño os catro recursos feitos pero a modo de boceto, pendiente de facer diversas modificacións Fixen un mapa conceptual, unha linea do tempo, ruleta de palabras, sopa de letras. Teño dous recursos xa feitos e claros:o mapa, e a liña do tempo, debido que co mapa conceptual pode ser de moita utilidade para dar a coñecer o problema dunha forma sencilla aos alumnos. Coa liña do tempo, pretendese dar a coñecer como evoluciona unha persoa con Tea e esta feita como xa mencioneu en entradas pasadas con Timeline, logo hoxe vouvos a presentar a segunda aplicación, a cal é mindomo , e moi sencilla de utilizar, eso si, terás que rexistrarte, pero o mellor é o fácil que podes facer as cousas, en menos de 3 minutos podes ter un mapa conceptual que lle explique ao alumnado o temario correspondente.

Creación de recursos dixitais

A última sesión de novas tecnoloxías constou dunha investigación sobre os diferentes recursos para a creación de actividades interactivas. Dicir que hai unha inmensa cantidade de páxinas, aplicacións e demais ferramentas para poder crear este tipo de actividades e, primeiramente, non sabiamos qué tipo de actividade realizar nin como abordar o tema elixido.  Finalmente, si que soubemos como facer preguntas sobre o tema, pero aínda non temos moi claro os xogos/tareas/actividades a realizar.