Presentación dos meus recursos

Como ben dixen no anterior post, nesta entrada mostraranse os meus catro recursos educativos cunha breve explicación de cada un deles.
1. HotPotatoes: este é un programa destinado a cración de xogos, o cal empreguei para realizar unha actividade que consta de unir os verbos que se amosan na esquerda co seu correspondente pictograma, que aparece no lao dereito. Isto deberá facerse no tempo establecido, 1 minuto.









2. Prezi: o Prezi é un recurso online e, neste caso, gratuito, para a creación de todo tipo de presentacións (similar ó PowerPoint). Deste xeito, empregueino para facer unha presentación que ten como tema principal o TEA, para que os nosos alumnos e alumnas podan ter unha visión máis clara sobre este trastorno.











3. Xeroglíficos: este recurso consiste nun arquivo pdf (para imprimir) no cal aparecen diferentes palabras relacionadas co TEA agochadas nos debuxos que aparecen.














4. Dado: este recurso, ó igual que o anterior, consiste nun arquivo pdf no que se mostran as partes de dos dados diferentes: un con debuxos (que semellan ós pictogramas) e outro coas palabras. O obxectivo deste xogo é, primeiramente, traballar a motricidade a través da construcción dos dados e, por último, tentar que saian ó mesmo tempo a palabra e o seu debuxo correspondente.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Diversidade de recursos

O inicio do noso rinconciño

Que non pare a busqueda nas redes!!!!!!